INICIO


Camilo
Camilo: o último guerrilleiro de Galicia é un documental interactivo que expón a vida de Camilo de Dios, o último guerrilleiro que queda vivo en Galicia. A través da súa historia pretendemos recuperar a memoria histórica da guerrilla antifranquista: loitador da memoria e historia viva, Camilo é a única testemuña que pode dar voz a tantas e tantos que, coma el, arriscárono todo pola xustiza e a liberdade.

NÓS


Alba Sánchez
Alba Sánchez
Produtora
(16/05/1994)
Nacín na cidade da Coruña. Son a responsable de observar o todo entre o caos. Sen organización, as ideas dilúense; sen método, estas non poden materializarse; sen orde, é imposible que collan forza.
Juan Pirola
Juan Pirola
Director de fotografía
(08/12/1994)
Medrei entre Bilbao, Arxentina e Ourense. Creo na fotografía como ferramenta para retratar a sociedade e no compromiso da mocidade na reconstrución da memoria histórica.
Miguel García
Miguel García
Guionista
(14/07/1994)
Crieime na Coruña, no barrio de Monte Alto. Penso que afondar nos contidos e mergullarse en cada pequena historia é un deber e un exercicio necesario, xa que, cando algo queda escrito, non morre nunca.
Pedro Iglesias
Pedro Iglesias
Deseñador web e gráfico
(25/03/1994)
Son do Porriño, vila de traballadores da pedra, e considérome un artesán dixital do deseño e da música. Acredito nas novas tecnoloxías e na interactividade como formas de amplificar e complementar a mensaxe.

WEBDOC


CAMISETAS


Sempre guerrilleiras
Sempre guerrilleiras
10€

A ditadura franquista quixo representar aos guerrilleiros como delincuentes, aínda que estes só loitaban por unha vida mellor.
Pide a túa na nosa páxina de Facebook
Maquis
Maquis: liberdade e xustiza
10€

Liberdade e xustiza: os referentes da guerrilla e dos que non queren que a súa historia permaneza no esquecemento.
Pide a túa na nosa páxina de Facebook
Non pasarán
Non pasarán
10€

Non pasarán foi un dos lemas do bando republicano na Guerra Civil Española. A guerrilla tomou o testigo desa determinación.
Pide a túa na nosa páxina de Facebook

CRÉDITOS


  • Alba Sánchez: produción
  • Juan Pirola: dirección de fotografía
  • Miguel García: guión
  • Pedro Iglesias: deseño web e gráfico

Traballo de Fin de Grao realizado para o Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña.
Universidade da Coruña Ciencias da Comunicación UDC
Coa colaboración de:
Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica FETE UGT Galicia
Este sitio web emprega os plugins fullPage.js e Slideout.js.
A interactividade do webdoc foi creada coa aplicación Klynt.